lunes, agosto 01, 2011

40 edición da Feira do Libro da Coruña


40º edición da Feira do Libro desenvolverase, como todos os anos, do luns 1 ao mércores 10 de agosto, nos Xardíns de Méndez Núñez, con horarios entre as 11:00 e as 14:00 horas polas mañás, e de 18:00 a 22:00 horas polas tardes. O programa previsto é o seguinte:
Luns 1:
- 11:00 h. Apertura da feira.
- 12:45 h. Actuación da Banda Municipal de Música da Coruña.
- 13:00 h. Inauguración oficial. Pregón a cargo de Alfonso García Sanmartín, presidente do Cluster do Libro de Galicia.
- 19:00 h. Charla presentación da exposición fotográfica "Tiempo de recreo", patrocinada pola Fundación Telefónica. Participan no acto Fernando Marías, Carlos Spottorno, Marta Rivera de la Cruz e Lola Beccaría.
- 19:30 h. O escritor e académico Xosé Neira Vilas, asinará exemplares dos seus libros.
- 20:00 h. Presentación do libro "Un dedo manchado de tinta", de Manuel Portas, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, director da Editorial e actuación de Clara Pino.
- 20:30 h. O profesor Jorge Mira asinará exemplares do seu libro "A ciencia no punto de Mira", publicado por Auga Editora.
- 20:45 h. Presentación dos libros "Penúltimo dietario", de Xosé Neira Vilas e "Aníbal Otero. Lingüística e política en España na guerra civil e no franquismo", de Xesús Alonso Montero, publicados por Edicións Xerais de Galicia. Xunto cos autores, participará no acto Manuel Bragado.
Martes 2:
- 12:00 h. Feira infantil. Obradoiro de marca páxinas a cargo de Brétema Animación.
- 19:00 h. O escritor Francisco Castro presentará o seu libro "In vino veritas", publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participan no acto Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e Mercedes Queixas.
- 19:30 h. O escritor Manuel Fuentes González asinará exemplares do seu libro "Ecos del camino" (ensaio), publicado polo Instituto Cepedano de Cultura.
- 20:00 h. Conversa con Agustín Fernández Paz, Óscar Sánchez e Iago Martínez arredor da novela "Non hai noite tan longa", publicada en Xerais.
- 20:00 h. O escritor e fiscal Luis Anguita Juega asinará exemplares do seu libro "Mi lugar. Mi pequeño sueño", publicado por Ed. Vitrubio (sello Nostrum).
- 20:30 h. O ilustrador David Pintor e o autor Carlos López (Pinto & Chinto), asinarán exemplares das súas obras.
- 21:00 h. "A nova literatura de terror". Charla coloquio do escritor e piloto de aviación Francisco Narla, autor da novela "Caja negra", publicada por Alberto Santos. Imágica Ediciones.
Mércores 3:
- 12:00 h. Feira infantil. Obradoiro de decoración de lapiseiros, impartido por Brétema Animación.
- 19:00 h. Presentación do libro "Todo é silencio", de Manuel Rivas, publicado en Xerais. No acto acompañará ao autor Rómulo Sanjurjo.
- 19:30 h. O escritor Manuel Sánchez Dalama asinará exemplares do seu libro "La mancha negra", publicado por Algaida.
- 20:00 h. Presentación da novela negra titulada "Pegadas nun labirinto baleiro", da autoría de Xosé Manuel García López, publicado por Baía Edicións.
- 20:30 h. O poeta Miguel Anxo Fernán Vello asina exemplares do libro "Territorio de la desaparición" (edición bilingüe castelán e galego), publicado por Huerga y Fierro Editores.
- 21:00 h. Presentación do libro "Como defenderes os teus dereitos lingüísticos", de Carlos Callón, publicado en Xerais, coa participación do autor, acompañado por Xabier P. DoCampo, Fran Rei e Manuel Bragado.
Xoves 4:
- 12:00 h. Feira infantil. Un mundo diferente. Espectáculo de maxia realizado polo Mago Toño.
- 18:30 h. Presentación da obra gañadora no Premio Barriga Verde 2010, para textos dirixidos para monicreques (modalidade infantil), titulada "Fábula galénica", obra de Inacio, escritor, director e fundador da compañía de monicreques Fantoches Baj, que, ao tempo, fará unha lectura narrada da súa obra para os máis pequenos.
- 19:00 h. O escritor Carlos Vázquez Padín asinará exemplares do seu libro "Galeguismo e liberdade. Propostas para o século XXI", publicado por 2.0 Editora, na colección Supertextos.
- 19:30 h. Presentación da novela "Noah Barleywater escapa da casa", de John Boyne, publicada no selo editorial Factoría K. Participará no acto o traductor do libro, Carlos Acevedo, e un representante da editorial.
- 20:00 h. O escritor e xornalista Gabriel García Enríquez asinará exemplares do seu libro "Sir Francis Drake, villano en España, héroe en Inglaterra", Premio de Literatura y Ensayo Fernando Arenas Quintela 2011, editado por Publicaciones Arenas.
- 20:30 h. Editorial Galaxia presenta o libro "Cociñando ao pé da letra". Participarán no acto Yolanda Castaño, Andrea Costas e Francisco Castro, en representación da editorial, máis dous escritores que cociñan no libro: Xabier P. DoCampo e Lucía Aldao.
- 21:00 h. Miguel Sande asinará exemplares do seu libro "A vida fóra", publicado en Galaxia.
Venres 5:
- 12:00 h. Feira infantil. Un mundo de contos. Divertido contacontos realizado por Fátima
- 18:30 h. Presentación do libro infantil "O espantallo", de Xosé Agrelo, publicado pola editorial Toxosoutos.
- 19:00 h. José Manuel Otero Lastres, escritor, avogado e catedrático de dereito, asinará exemplares da súa novela "El campo de Bucéfalo", publicado por Pigmalión – Sial Ediciones.
- 19:30 h. Presentación do libro "Guerra civil. Que pasou en Galicia e en España", de Federico Cocho, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto ao autor, participan Carlos Reigosa e Manuel Bragado.
- 20:00 h. O escritor Nonito Pereira Revuelta asinará exemplares do seu libro "Historias, histerias y andanzas musicales".
- 20:30 h. Charla coloquio arredor do libro "La melancolía de los hombres pájaro", de Juan Bolea (Premio Abogados de Novela e finalista dos Premios Hammet), publicado pola editorial Martínez Roca. Xunto co autor, participará no acto Fernando Marías.
- 21:00 h. O escritor José Luis Alvite asinará exemplares do seu libro "Humo en la recámara", publicado pola Editorial Ézaro.
- 21:15 h. Presentación do libro "El final del amor" (Premio Rivera del Duero), de Marcos Giralt Torrente, publicado pola editorial Páginas de Espuma. Xunto co autor, participará no acto o editor Juan Casamayor.
- 22:30 h. Recital no Handicap Café (Rúa Salgado Somoza, esquina Curros Enríquez) "A noite de poesía: Os fillos de Mary Shelley", coa participación de Yolanda Castaño, Luis Alberto de Cuenca, Luisa Castro, Pedro Ramos e Fernando Marías. Acto patrocinado por Ámbito Cultural de El Corte Inglés.
Sábado 6:
- 12:00 h. Feira infantil. "Como nace un personaxe". Obradoiro de ilustración realizado por Xosé Tomás. Actividade realizada coa colaboración do GALIX.
- 18:30 h. Presentación de "O señor Don Nicanor", un texto infantil de Ana Fernández - Abascal, ilustrado por Flavio Morais e publicado no selo Factoría K, coa participación da autora e un representante da editorial.
- 19:00 h. A pintora e ilustradora Isabel Pintado asina exemplares dos libros de poesía para nenos "Parece unha rosa", de Rosalía de Castro e "Cantiga do Mazarico", de Emilio Pita, ambos publicados por Edicións Espiral Maior na colección Lúa Lueira.
- 19:30 h. O poeta e videoartista Antonio Nieto Rodríguez, presentará o seu libro "La voz del escorpión", publicado por Sial Ediciones. Xunto co autor, participarán no acto José María Paz Gago, catedrático da Universidade da Coruña, Olga Patiño, poeta, profesora do I.E.S. Fernando Wirth, da Coruña, e Basilio Rodríguez Cañadas, editor e presidente do Pen Clube de España.
- 20:00 h. O escritor Mario Regueira asinará exemplares do seu libro "Lois Pereiro. Unha persecución", publicado por 2.0 Editora, na colección Folcsonomías.
- 20:30 h. Presentación do libro "El viajero del tiempo", publicado por Imagine Ediciones. Participarán no mesmo José Carlos Somoza, Patricia Esteban Erlés e Félix Palma Macías, coordinados por Fernando Marías. Acto patrocinado por Ámbito Cultural de El Corte Inglés.
Domingo 7:
- 12:00 h. Feira infantil. "A caixa de Pandora". Sorprendente espectáculo de maxia realizado polo Mago Toño.
- 13:00 h. Sinatura de exemplares do libro "Webos fritos. Recetas y momentos", publicado por Ciudadela Libros. Participarán Susana Pérez, autora dos textos e Jesús Cerezo, autor das fotografías.
- 19:00 h. Presentación do libro "Guía das libélulas de Galicia", do investigador e naturalista vigués Miguel Ángel Fernández Martínez, que estará acompañado polos investigadores de zonas húmidas de Galicia e naturistas galegos Anxo Rajou e Alberto Gil.
- 19:30 h. O escritor José María Paz Gago, catedrático de Literatura Comparada da Universidade da Coruña, asinará exemplares do seu libro de poemas "Guía de lugares inexistentes", publicado por Sial Ediciones.
- 20:00 h. Presentación do libro "Contos e descontos. Narrativa completa de Claudio Rodríguez Fer" publicado por Toxosoutos. Xunto co autor, participará no acto Xosé Luís Axeitos, secretario da Real Academia Galega e David González Couso, director de publicacións da editorial.
- 20:30 h. O escritor Manuel Mourelle de Lema asinará exemplares dos seus libros, editados polo Grupo Cultural Galicia en Madrid.
- 21:00 h. Presentación do libro "213 aforismos para el siglo 21", de Xavier Vila-Coia, publicado por La Pinga Ediciones.
Luns 8:
- 12:00 h. Feira infantil. "De oca a oca y cuento por que me toca". Conta contos interactivo para toda a familia, realizado por Pepa Cuentera.
- 19:00 h. Presentación de "Artur", un texto infantil de Xosé Manuel Gómez Barreiro "Oli", ilustrado por Mark Taeger e publicado no selo editorial Factoría K. Participarán no acto o autor, o ilustrador e un representante da editorial.
- 19:30 h. O escritor Ricardo Ontañón asinará exemplares do seu libro "Relatos invisibles", publicado por Ediciones Carena.
- 20:00 h. Presentación do libro "El baile de las lagartijas", de David de Juan Marcos. Ed. Temas de Hoy.
- 20:30 h. A escritora Eva Castro Outeiriño asinará exemplares do seu libro "Persiguiendo sueños", publicado pola editorial Hontanar.
- 21:00 h. Charla coloquio da xornalista Iara Mantiñán arredor do seu libro fotográfico "Cape Coloured", publicado por Finisterre Ediciones.
Martes 9:
- 12:00 h. Feira infantil. "Mariscando cuentos". Xornada de contos para toda a familia, realizado por Pepa Cuentera, arredor do libro "La vuelta al mundo de Gota de Agua", de Rafael Ortega de la Cruz, publicado por S.L. Nívola Libros y Ediciones.
- 19:00 h. Francisco X. Fernández Naval presenta o seu libro de poesía, en edición bilingüe (galego e castelán) "Golpear de sombras", publicado pola editorial Huerga y Fierro. Xunto co autor, participarán no acto a poeta Eva Veiga e a profesora e traductora Teresa Seara.
- 19:30 h. O profesor de filosofía e historiador, Luis Gorrochategui Santos, asinará exemplares do seu libro "Contra Armada. La mayor catástrofe naval de la historia de Inglaterra", publicada pola editorial E-Lector.
- 20:00 h. Presentación de "Lume de cobiza", de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia, coa participación, acompañando ao autor, de Víctor F. Freixanes e Ángel de la Cruz.
- 20:30 h. Sinatura de exemplares do poemario "La hora de los relojes", de Fran Nuño, poblicado no selo da Factoría K.
- 21:00 "A aventura de publicar romántica". Mesa redonda de escritoras coruñesas, autoras de novelas románticas. Participarán no acto Patricia Sutherland ("Princesa", autoedición), Teresa Cameselle ("No todo fue mentira". Ed. El Maquinista), Kelly Dreams ("Amante & felino", autoedición), Encarnación Alcalde Brotóns ("Lo que el corazón esconde", Ed. Círculo Rojo), Ángeles Ibirika ("Antes y después de odiarte", Ediciones B) e Lydia Leyte Costello ("El fuego envuelve tu nombre", Editorial La Máquina China). Modera o acto Trinidad Palacios Raposo (do programa radiofónico "El diván cultural") Ao remate do acto, as escritoras asinarán exemplares dos seus libros.
Mércores 10:
- 12:00 h. Feira infantil. "Leonardo te enseña a comer". Obradoiro e conto para pais con fillos, realizado por Pepa Cuentera, baseado no libro "Leonardo da Vinci el inventor", publicado pola editorial Rompecabezas.
- 19:00 h. O escritor Pedro Ramos presentará o seu libro "En el país de los méritos", publicado pola Editorial Noroeste.
- 19:30 h. O escritor Manuel M. Barreiro asinará exemplares do seu libro "A novísima dereita e nós. O bienio gris toupa", publicado por 2.0 Editora, na colección Supertextos.
- 20:00 h. Presentación do libro "Puntos de vista (Grabaciones emitidas por Punto Radio)", de Roberto Vila Rodríguez, publicado pola Deputación provincial de Ourense. Xunto co autor, participará no acto Roberto Blanco Fortes, director de Punto Radio.
- 20:30 h. O escritor Quinito López Mourelle asinará exemplares do seu libro "Sin Ana Beatriz", publicado por Ézaro Ediciones.
- 22:00 h. Peche da Feira do Libro.
Todos os días, ás 21:45 horas, terá lugar o sorteo dun lote de libros entre o público que teña mercado libros na Feira durante o día.
Durante a Feira, todos os libros terán un 10% de desconto.

No hay comentarios:

¿Renacimiento del contenido propio?

Llevo ya un tiempo reflexionando sobre los contenidos propios frente a contendios creados a traves de IA. Los blogs tuvieron su máxima expre...