viernes, noviembre 23, 2007

Cidade e Cultura

A Concellería de Cultura do Concello da Coruña organiza, o 1 de decembro, a Xornada Cidade e Cultura como foro de encontro e debate sobre políticas culturais urbanas en Galicia;pretende con esta xornada constituír un foro de encontro e debate no que expertos, investigadores, creadores, a industria cultural privada, profesionais da acción cultural e interesados que se acheguen, intercambien coñecementos e experiencias, que pensen e renoven as políticas culturais urbanas en Galicia.
Inscrición: 981 184 200 (ext. 12026)
Lugar: Centro Cívico "Os Mallos", Avda. Arteixo 147, baixo. A Coruña
Mensaje de Anabad Galicia

PROGRAMA:
9:30h. Benvida e inauguración.

10h. Conferencia plenaria: Políticas culturais urbanas participativas.
Sanjin Dragojevic. Consultor de política e xestión cultural. Universidade de Zagreb.
Jordi Pascual. Investigador en políticas culturais e desenvolvemento local.
Coordinador do Grupo de Traballo en Cultura de Cidades e Gobernos Locais.
Modera: Marcos Lorenzo. Xestor Cultural.

12,15h. Pausa-café.

12,30h. Panel: Algúns axentes culturais na cidade.
Yolanda Castaño. Escritora e xestora cultural
Felipe Senén. A.C. Portas Ártabras-Amigos dos Museos de Galicia
Begoña. Librería Nova Colón
Álvaro Guevara. Teatro del Andamio
Roberto Catoira. Presidente da A. C. “Alexandre Bóveda”
Luís Caparrós. Vicerreitor Extensión Cultural da Universidade da Coruña
Modera: María de la O Suárez Rodríguez. Arquiveira Municipal

14h. Pausa-xantar

16h. Seminarios alternativos:
1. As casas-museo: da necesidade á sostenibilidade.
Antonio Ramírez. Director Casa-Museo Juan Ramón Jiménez.
Modera: Beatriz Doldán. Técnica do Concello da Coruña.

2. Unha proposta innovadora de desenvolvemento territorial: a sociedade da
imaxinación
.
José Mª Lama. e-cultura.net. Redactor do Plan Director do Gabinete de
Iniciativa Moza de Estremadura
Modera: Isabel Blanco. Directora do Servizo Municipal de Bibliotecas. Concello
da Coruña

3. As artes escénicas como atractivo cultural: Theatro Circo de Braga.
Paulo Brandao. Xerente do Theatro Circo de Braga.
Modera: Agustín Lorenzo. Coordinador do IMCE.

4. Os equipamentos especializados: a Fábrica das Artes de Granollers
Lluís Noguera. Coordinador inicial do proxecto, na actualidade Secretario da Área
de Cultura e Comunicación Audiovisual da Generalitar de Catalunya.
Montserrat Milá. Técnica cultural do Concello de Granollers.
Modera: Xaime Oiza. Coordinador das salas de exposicións do Concello da Coruña.

18h. Pausa-café.

18.30h. Creación, democratización e xestión dos espazos públicos urbanos de carácter
sociocultural
.
Diálogo entre:
Ánxel Huete. Pintor
Xosé L. Martínez. Arquitecto. Vicerreitor de Infraestruturas. UdC.
Modera: Manuel P. Rúa. Sociólogo e técnico cultural.

20h. Resume contado da xornada a cargo de Cándido Pazó.
Clausura.

No hay comentarios:

Mundo líquido

Andaba yo reflexionando sobre la incertidumbre de estos tiempo, sobre esta realidad VUCA en la que estamos. Una realidad volatil, incierta, ...